Comunicado oficial
Ante o incumplimento por parte da actual directiva do CD BOIRO dos acordos aos que se chegaron na reunión realizada antes do comezo da presente tempada cun grupo de representantes da nosa peña, a única no clube, queremos amosar o noso profundo malestar polo xeito de actuar con nos .
Lembramos que o noso compromiso esta a ser total e incondicional dende o primeiro día e polo tanto, non nos sentimos correspondidos como merece o noso esforzo, tanto económico (desprazamento , entradas e material ....) como o noso apoio inquebrantable nas bancadas. Non e que queiramos un trato diferente aos distintos socios do clube, máis consideramos que algún xesto, ben o merece o noso esforzo. Por todo isto , a partir da reunión que mantivemos esta semana e moi o noso pesar, decidimos romper toda relación ca directiva actual. Non é necesario dicir que o noso apoio aos xogadores e corpo técnico seguirá a ser total dun ou outro xeito e sabemos que para moitos deles o sentimento e recíproco. non merecemos ser ningúneados e moito menos ignorados .Polo tanto, ante tanta falta de sensibilidade, as "KRUSADAS BOIRENSES " decidimos realizar unha serie de actos reivindicativos no vindeiro encontro en Barraña contra o Cultural Areas esperando ter a máxima repercusión.
O CD BOIRO, é o noso clube ,é a nosa historia dende mozos , medramos con el e de seguro con el morreremos .

