CHOCO VS CD BOIRO

08.02.2015 23:14

Enfrontamento en terras de REDONDELA , ante outro os gallitos da categoría , que se atopa moi preto da promoción de ascenso e que non ía poñer , claro está as cousas nada sinxelas para o noso equipo , mais do mesmo , os membros das KRUSADAS , que ata alí se desprazaron , poideron dar constancia , novamente da falla de actitude por parte dalgúns xogadores , si ben nos adiantamos no marcador , cun gol moi polémico e protestado polo equipo local , por unha presumible, man de DAVID AÑÓN , esto non foi o que o trencilla veu na xogada e por suposto o gol subeu o marcador , víase ainda sen xogo que o noso equipo podía esta vez sí , tentar de arrancar esa tan ansiada victoria, que nos faría dende logo, respirar algo mais tranquilos ante os partidos tan importantes que se nos veñen enrriba  no campo de BARRAÑA , nas próximas datas  , cando ainda non chegaramos o descanso , o CHOCO, rematou unha xogada, un tanto mal defendida o fondo das mallas, sen que o noso porteiro, poidera facer nada para evitar un novo empate , chegou o descanso xa co resultado definitivo, no segundo tempo e sempre en palabras de siareiros que ata alí se desprazaron , poido chegar claramente o segundo tanto do equipo local , cousa que non sucedeu , e xa mediada a segunda metade , vía como se quedaba cun home menos por dobre amarilla, o xogador FERNANDO , cousa que non soubo aproveitar o CD BOIRO , o fín novo empate a 1 , que cobra especial importancia o non sumar os nosos predecesores pola loita do descenso , un punto mais e a seguir soñando,ca nosa saida do pozo do descenso , e pensar en positivo , 4 partido de RUBÉN o fronte do CD BOIRO e suma sempre , dous empates e duas victorias . Para a semana, a difícil visita do RÁPIDO DE BOUZAS , donde se comezou a testar esta mala campaña, despois dunha derrota dolorosa, no feudo vigués , veremos se somos quen, de devolver aquela afrenda e volver a senda das victorias, tan ansiadas e necesarias. 


Crea una página web gratis Webnode