RIBADEO VS CD BOIRO
Partido disputado , no campo do ribadeo , Pepe Barrera , por parte do cd boiro : Lorenzo , marcos , cardeñosa, borja, paco, marquez, pillado, adrián ,añón,armental e padín . Sairon despois : Gonzalo , gabi e quintairos .
Cun arbitraxe por parte do colexiado ,García Lesta Daniel , moi comentado e polémico , e xa van uns cantos, na presente tempada , mostrando amarelas por parte do boiro a : marcos doble amarela (roxa), cardeñosa doble amarela (roxa) e rubén márquez , sendo isto unha causa evidentemente, moi favorable o equipo local.
Comezou o encontro de maneira moi favorable para o noso equipo, cun gol moi tempraneiro,por parte de Adrián armental os 12' e de maneira casi inmediata, o gran David añón , facía o mesmo no minuto 15', nese momento os siareiros boirenses , comezábamos a albergar certas posibilidades así como esperanzas, de traermos por fin, un triunfo de casa allea , pero a fortuna , nos tiña preparada outra desagradable sopresa , como había duas xornadas , en PASARÓN , o gol do local, miguelito, os poucos minutos , concretamente no 25' , voltaron a despertar as dúdidas , e xa se sabe o que esta a acontecer , nesta tempada ata o de agora aciaga , comezou entón o parecer o espectaculo arbitral , con xogadas , claramente de corte local , e un total desentedemento das entradas por parte dos mesmos , a mínima protesta, era claramente acalada cunha tarxeta sempre do mesmo lado , cas conseguintes consecuencias fatídicas para o noso equipo , parece ser que a tendencia de manterse nos postos baixos da clasificación, clarifica moito o acontecer das penosas arbitraxes que estamos a recibir partido tras partido .
As oportunidades caian de un e outro lado , seguramente o partido donde o cd boiro mereceu haber maracado as diferencias moito antes , pero claro neste cruce de xogadas chegou o empate no minuto 67' por parte de santi , cando as cousas parecían que de novo saerían medio torcidas despois de como foi o resultado o longo do partido , de novo a mala sorte por chamalo de esta maneira , se voltou a cebar co noso equipo ,que voltaba a ver perforada a sua rede no minuto 88' sen quedar apenas tempo para a reaccion , pero o señor colexiado do encontro Daniel García ainda nos tiña preparada unha ultima e desagradable sorpresa a expulsion por segunda amarela do noso capitan Cardeñosa , totalmente indignado ca súa arbitraxe , o reclamar un minuto despois un penalti clamoroso , que o trencilla decidiu sacar fora da area , expulsando o capitan polas súas protestas , o final unha nova derrota do CD BOIRO , que segue a meternos a incertidume no corpo , facendonos replantexarnos os verdadeiros obxetivos para esta tempada .