O Boiro volta o máis alto da taboa nun compricado partido
Os xogadores do Boiro abrazanse tralo segundo tanto obra de Rubén Marquez
LGP.- O Boiro volveu cos tres puntos da sua visita O Morrazo, non sin sufrimento xa que non conseguiu abrilo marcador ata que o Alondras se quedou cun home menos pola expulsion de Joni. Xa no inicio do partido tivo unha boa ocasión o Boiro para abrilo marcador tras un saque de curruncho, no que primeiro Iván Gonzalez enviou o balón a madeira e tras varios rechaces o tiro flouxo de Marcos seria atallado con seguridade por Martín. Teria oportunidade o Boiro de inaugurar o seu casilleiro nun bo remate de Rubén Márquez pero o seu disparo iriase fora por pouco. O equipo locatario teria unha boa ocasión no comezo da segunda metade pero atopariase cun explendido Ian Mackay baixo paus cunha parada abaixo cos pes. Trala entrada de Anxo e Adrián Armental o Boiro conseguiria chegar con máis perigo polas bandas e asi xa nas postrimerias do partido un bo pase de Padín seria aprobeitado por Adrián que na sua incursión no interior do area batia por baixo a Martín (min 81). Case sen tempo pa refacerse do tanto encaixado o Alondras recibiria un segundo tanto a saida dun corner onde Rubén Marquez se adianta a todos no primeiro pau introducindo o esferico pola escadra (min 86). O partido xa non teria máis historia, pero si haberia unha nova tralo remate do mesmo; o cese de Curiel como tecnico do Alondras.
Siareiros das Krusadas no campo de O Morrazo
Alondras: Martín, Castilla, Javi, Toni, Andrés, Carlos Campo (Joni ,min 67), Mota (Outeiral ,min 67), Casas, Iago (Serxio,min 82), Abraham.
Boiro: Mackay, Marcos, Paco, Cardeñosa, (Padin, min 46), Javi, Pedro (Adrián Armental, min 63) Rubén Márquez, Jacinto, Ivan, Julian, (Anxo ,min 55), Bendaña.
Campo de O Morrazo cuns 600 siareiros nas bancadas.