O Boiro golea ao Negreira para deixar atras a xeira de empates

17.12.2013 00:38

LGP.- Barraña volveu ser talismán para o Boiro, nun partido no que o Negreira faria unha defensa case perfecta no primeiro periodo, no que o equipo local so conseguiria abrilo marcador nunha rápida xogada por banda na que o centro de Pedro seria remachado no punto de penalti por Hugo Soto (min. 40). O Negreira apenas conseguiu chegar a porta defendida por Mackay no primeiro acto pero o pouco traballo que tuvo foi repostado con seguridade. No equipo visitante o seu cancerbeiro era o seu mellor home desbaratando todalas ocasións.
No comezo do segundo periodo o Negreira intentou abrirse un pouco máis en busca do empate, pero esa seria a sua sentenza xa que o Boiro atopariase moi comodo saindo o contragolpe e conseguiria matalo partido. Primeiro unha boa xogada colectiva acabaria co pase da morte de Javi que Adrián Armental so tería que empuxar o fondo das maias (min. 55). Tras un saque de esquina botado por Padín remataria no segundo pau Rendo (min. 60) facendo o terceiro dos locales para sentenciar o duelo.
Ainda quedaria por ver o mellor tanto da tarde que sería obra de Padín (min. 78) que, vendo adiantado a Diego, envocaria o balón na escadra dende tres cuartos de campo.
Non tiveron a volta máis desexada os ex do Boiro Jesus Ramos, Angelo e Amoedo que viron como o seu equipo saia goleado da visita o feudo de Barraña. Trala finalización do partido o noso excapitan Jesus Ramos levaria unha gran ovación,acompañada de cánticos, respostada polo mesmo dende o centro do campo  en señal de agradecemento os siareiros da que sempre será a sua casa.

Jesús Ramos a saida de Barraña posa xunto a Jano, membro da peña

 

 

Boiro:  Mackay, Javi, Rendo, Carde, Jacinto, Pedro (Bendaña, min. 63), Iván González (Alberto, min. 63), Padín, Hugo Soto, Adrián Armental e Anxo (Julián, min. 63).

SD Negreira:  Diego Penas, Bautista (Jose Mario, min. 73), Diego, Amoedo, Ángelo, Jesús Ramos, Toja, García (Adrián, min.15), Diego Otero, Juan (Anxo, min. 58) e Alvarito.

 

Campo municipal de Barraña, ante uns 400 siareiros. Terreo de xogo en bo estado.


Crea una página web gratis Webnode