O Boiro gaña o Rápido de Bouzas nun partido sen moita historia

18.11.2013 23:22

As Krusadas onte en Barraña (captura do En Xogo)

 

LGP.- O Boiro acadou unha importante victoria; ante un histórico como o Rápido de Bouzas, que non pasa por un bo momento deportivo nesta tempada; antes de rendir visita o Fabril un dos favoritos da categoria. Xa moi cedo se lle puso o partido de cara o Boiro, xa que no minuto tres tras un saque de falta lateral executado maxistralmente polo mago Padín o rechazo do gardarredes iria o peito de Marcos que asinou o tanto case sen querer. O Boiro sempre teria o dominio do partido xa que o Rápido nunca daria sensación de poder acadar a igualada.

Adrián Armental celebra o seu tanto (captura En Xogo)

Tralo descanso as cousas poñerianse máis de cara o Boiro xa que o equipo visitante quedaria cun home menos pola expulsión de Sergio e pouco despois chegaria a sentenza xa que Adrián aprobeitaria un gran pase de Javi o interior da area para tras rechazo do porteiro no primeiro disparo enviar o balón o fondo das maias. O Bouzas xa daria o encontro por perdido e ainda quedaria con nove xogadores por unha dura falta de Portas sobre Marcos ,trala cal o trencilla lle amosaria o carton vermello directo. O Boiro sinteuse ainda moito máis comodo ante un equipo que contaba con dous xogadores menos sobre o cespede de Barraña e poderia aumentar a conta en varias ocasións que non puido concretar.

 

Boiro: Ian Mackay, Paco, Javi (Julián, min 60), Cardeñosa, Marcos, Pedro (Bendaña, min 50), Rubén Márquez, Jacinto, Iván González (Alberto, min 75), Adrián Armental e Padín,

Rápido de Bouzas: Hortal, Pablo Fernández, Pablo García, Portas, Villa, Sergio, Fran Matos, Gabi Misa, Nando (Javi, min 62), Chema (Oki, min 87) e Jacobo (Cotilla, min 73).

 

Campo de Barraña cuns 500 siareiros nas bancadas