O Boiro consegue un valioso punto na compricada visita a Abegondo
LGP.- Non foi dos mellores partidos desta tempada para o Boiro, pero ainda asi foi quen de cosechar un empate no Mundo do fútbol onde poucos equipos van conseguir puntuar esta tempada.
Saiu o Depor B cun ritmo frenético sabedor de que o conxunto de Barraña se podia alonxar definitivamente na taboa; e foi asi como xa no minuto tres de partido na segunda clara ocasión, o conxunto local adiantariase no marcador cun gran disparo de Iago Beceiro dende a frontal , o que nada pudo facer Mackay pese a unha grande estirada. Non baixou o ritmo o Fabril en busca de sentenciar o encontro, mentres o Boiro intentaba entrar no partido en contras levadas por Anxo pero ata ven avanzada a primeira metade non empezaria a encontrar algo de fútbol vertical. Cando xa todos esperaban o descanso apareceu nunha gran internada Iván González para poñer un balón endiañado na area pequena o que non chega por pouco Rubén Marquez, pero si chegaria dende atras sorprendendo Anxo para empuxar o esferico o fondo das redes; conseguindo asi que chegara o partido empatado o intermedio.
Anxo celebra o seu tanto. Foto: Alén Pérez
No comezo da segunda metade os visitantes arrancaron con algo máis de intensidade contrarrestando mellor que na primeira metade o xogo do Fabril e tendo asi algunha ocasión máis de poñerse por diante, pero as contras do equipo local eran cada vez máis perigosas e tras perdoar duas ocasións clarísimas un gran centro de Iago Beceiro foi remachado por Remeseiro o fondo das mallas (min. 65). O Boiro perdeu a pouca claridade que tivo co balón, e pese a gran pegada que demostra ter de tres cuartos para diante, teria que agardar a un saque de esquina para poder empatar o encontro tras un balón rematado no segundo pau por Cardeñosa e remachado na liña de gol por Hugo Soto (min. 80).
De aquí o final calquera dos dous equipos se pudo levar os tres puntos destacando un balón o que non chegou por pouco Hugo na boca de gol e un man a man no que o gardarredes David desbarataria o remate de Adrián.
Remataria o partido cunha fea acción entre Pedro Garcia e Romay na que ambos acabarian no vestiario, o xogador boirense por dobre cartón e o coruñes por vermello directo.
Fabril: David, Toni Insua (Cañi, min 46), Aarón (Adrián Martínez, min 46), Rober, Stefan, Sidibé, Ángel, Romay, Iago Beceiro (Álex Pérez, min 83), Dani Iglesias y Remeseiro.
Boiro: Mackay, Paco, Marcos, Carde, Pedro García, Bendaña (Julián, min 55), Padin (Hugo Soto, min 68), Jacinto, Anxo (Adrián Armental, min 55) Rubén Márquez e Iván González.
Campo: O Mundo do fútbol de Abegondo ante 1000 siareiros , cunha gran representación boirista. Terreo de xogo moi esbaradizo e levantándose constantemente.