Ian Mackay permite o Boiro seguir invicto en Barraña
LGP.- O Barbadás demostrou porque é un dos equipos menos goleados da categoria facendo un partido moi serio no que non permitiu o Boiro desarrollar o seu xogo en ningun momento. Na primeira metade calquera dos dous conxuntos pudo movelo marcador pero os dous arqueiros mostraronse moi seguros. O máis destacable sería un remate de Hugo Soto que sacou ben abaixo Berto , un tiro o pau de Iván González e un tanto anulado o Barbadas por fora de xogo.
Barraña presentou unha boa entrada como de costumbre nos últimos partidos (foto: LG)
A segunda metade foi un calco da primeira na que o xogo non era moi fluido e as ocasións escaseaban. nin sequera os cambios ofensivos do Boiro conseguiron cambiala situación. A falta de dez minutos para o final o equipo visitante quedaria cun home menos pola expulsión de Rafita por dobre cartón tras simular un penalti.
Nin con esas o Boiro se faria co control do xogo, estaria mais preto o tanto do Barbadás que o local pero hai apareceria a figura de Ian Mackay para evitar que se movera o marcador; facendo varias paradas de moito mérito sobre todo na última xogada de partido na que faría un paradón a bocajarro desviando o lanzamento co pé. Con esta xogada chegaría o pitido final do encontro.
Boiro: Ian Mackay, Paco, Javi, Rendo (Padín, min. 53), Marcos, Bendaña, Rubén Márquez, Jacinto, Hugo Soto (Julián, min. 60), Adrián Armental e Iván González (Anxo, min. 69).
Barbadás: Berto, Martín, Oli, César, Vieites, Nacho, Cristian (Jaime, min.94), Dafonte (M.Perez, min. 74), Hugo (Luís, min.79), Moisés y Rafita.
Campo Municipal de Barraña cuns 500 siareiros nas bancadas. Terreo de xogo algo irregular