Eu por tí ,e As Pontes lider.

08.01.2014 22:42

Comezou a segunda volta da competición con varios partidazos en liza. O novo lider, As Pontes , nun dos partidos adiantados o sábado conseguia gañar con moita autoridade ó Laracha ( 4-2 ) ; para situarse primeiro a espera do partidazo de Barraña, no que se viveu un espetacular duelo no que Boiro e Cerceda non defraudaron os máis de 650 siareiros ,que pese a ser vispera do dia de Reis e o mal tempo, se xuntaron no municipal. Comezou o partido con dominio do Cerceda pero pouco a pouco o Boiro iria revertindo a situación. Se o marcador non se moveu na primeira metade seria gracias o gran facer dos dous cancerbeiros que farían paradas imposibles.

No comezo da segunda metade, nunha xogada na que a zaga do Boiro pudo facer máis, adiantariase o Cerceda tras un paradon de Mackay o rechace iria de novo os xogadores do Cerceda que farían un novo pase o interior da área no que desta volta non perdonaría. Os xogadores do Boiro puxeron enton todo o que levaban dentro en prol do empate; que chegaría a falta de apenas tres minutos para que rematara o choque. Tras un saque de esquina lanzado por Javi remataría Jacinto no primeiro pau cruzando o balón ate o segundo onde por si acaso aparecía Hugo Soto seguindo a xogada.

Reparto de puntos o final do choque que fixo xustiza o visto no terreo de xogo. Noutro dos partidos da parte alta da taboa o próximo rival do Boiro (Somozas) gañaba en Vista Alegre a un Ordes que pouco a pouco se alexa dos postos que dan dereito a disputalo playoff de ascenso. 


Crea una página web gratis Webnode