Entrevista a Julián lópez

29.06.2013 14:07

Julián López Moure (@julianlopez1986)

Lugar de nacemento: Santiago de Compostela (A Coruña)

Data de nacemento: 04/03/1986

Idade: 27 Anos

Posición: Centrocampista

Procedencia: Santa Comba C.F.

¿Cómo comezaches e en qué equipos estiveches?

Pois empecei xa hai bastantes anos no Atlético Fátima, (onde quedaron xa os comezos!), pasei polas inferiores do Compos, un ano no Montañeros xuvenil e despois en seniors  dous anos no CD Lalín, cinco no Santa Comba e polo de agora un no CD Boiro.

¿De qué equipo gardas un recordo especial?

Sempre te levas algo especial de cada sitio no que estás e no que te tratan ben pero quizáis do Santa Comba por ser onde máis anos estiven sexa do que gardo máis recordos. E tamén dicir que este ano pasado non o olvidarei nunca polo significado que tivo o ascenso.

¿En qué demarcación che gusta xogar?

Pois en calquera das dúas bandas ou de media punta, dame igual calquera de esas.

¿A túa idea é continuar no Boiro?

Despois dun éxito como o ascenso deste ano está claro que sería bonito defendela camiseta do Boiro na terceira despois de tantos anos.

¿Tes algunha oferta doutros clubs?

Algunha chamadiña sempre hai a estas alturas, pero máis tanteos que cousas serias. Ata que sepa algo do Boiro non empezarei a pensar na temporada que ven.

Si te viras no futuro, ¿qué che gustaría ver?

A verdade é que nunca me plantexei esta pregunta, son xoven e polo de agora toca vivir o presente. Se te refires o ámbito futbolístico gustaríame falar dentro de un ano de que o Boiro non pasou apuros na campaña de regreso a terceira división.

¿Ó lado de qué xogador te gustaría xogar?

Non estaría mal xogar con Xavi ou Iniesta, e eso que son do Madrid, pero eses dous fan mellor xogador a calquera.

¿Qué che gusta facer ademais de xogar ó fútbol?

Pois o típico, pasar tempo ca moza, cos amigos,ca familia, ir a praia cando o tempo nolo permite, ir o cine etc etc.

¿Qué sucede no vestiario antes de saír a xogar o partido?

Cada un ten a súa rutina antes do partido, hai quen escoita música, hai quen non para quieto,quen non sae do baño, hai quen pasa a vida na camilla dando masaxe...despois a charla do míster cos últimos detalles, a quentar e listo!

¿Quén é o máis cachondo?

A verdade é que hai cada personaxe no vestiario que non vexas...pero quizás a palma a leve Alex Gómez cas súas rimas.

¿Poñedes música?

Parece ser que en anos anteriores se poñía música pero este ano estropeouse o radio-cd e vese que non nos puxemos de acordo pa mercar un novo así que non había música.

Coméntanos algo sobre Gelucho.

Pois é un adestrador  fiel as súas ideas, gústalle ter o balón e intentar chegar a portería contraria combinando o que é de agradecer dado o auxe que ten nestas categorías o “patapún parriba”.

¿Con qué gol te quedas?  ¿Co da vitoria en Chantada, un campo onde facía moitos anos que non se gañaba, ou co da tranquilidade da vitoria ante o Grixoa?

A verdade é que este ano non teño moito onde escoller pero quizáis co da victoria en Chantada porque tiñamos o partido controlado co 0-2 e pasamos a vernos moi apurados nun campo moi complicado. Por sorte ese gol dounos os 3 puntos e un empuxón anímico en aquel momento para tentar recortar puntos os líderes.

¿Por qué se perderon eses 5 partidos seguidos?

A pregunta do millón. Sinceramente a  día de hoxe inda non lle atopo moita explicación...non saía nada ben, baixas, ocasións falladas, cada tiro dos rivais era un gol...foi un momento moi delicado. A campaña sacando ese mes negro foi espectacular pero tivémolo moi moi costa arriba por ese baixón.

¿Qué non vas esquecer deste ano?

Pois seguramente a felicidade da xente o día do ascenso. Se cadra eu que cheguei este ano novo non entenda por todo o que se pasou estes anos anteriores coas promocións gañadas que nunca servían de nada. Foi unha liberación para moita xente e para o pobo.

¿Foi posible divertirse xogando ca presión do obxectivo de ascender ó equipo á Terceira División?

Creo que foi un ano moi duro, non sei eu se me divertín moito porque desde o bache das derrotas consecutivas cada partido era unha final porque Bertamiráns e Grixoa non afloxaban.

Poidemos haber disfrutado moito máis pero as cousas que costa traballo lograr valóranse moito máis.

Xa tes experiencia en Terceira. ¿Qué Terceira nos imos atopar este ano?

Depende moito dos equipos que ascendan este fin de semana. Se ascenden os tres que é factible espéranos unha terceira moi moi aberta e igualada, na que un bo comezo te pode meter incluso na loita polo playoff. Se algún dos equipos non consigue ascender pasa inmediatamente a ser claro favorito porque dos que hai agora mesmo non sería capaz de sinalar quen estará arriba e quen abaixo.

¿Qué opinas da afección de Barraña?

Pois que non é de Preferente nin moito menos. Xogamos practicamente de locais todos os partidos porque alá onde ibamos case sempre había máis “boiristas” que afeccionados locais. Dende logo que é un exemplo de afección a hora de animar o equipo, nin na mala racha se escoitou un reproche os xogadores durante o partido.

¿Qué opinas de todo o que estamos facendo as Krusadas Boirenses?

Pois na mesma liña que o que falaba antes da afección. Parecerá unha tontería pero para o xogador é bonito mirar a grada e que haxa xente animándote, bandeiras do clube etc etc.

Desde logo que si por afección é o Boiro empeza a estar agora onde se merece, nunha categoría nacional e seguramente este ano tamén se sinta como local na maioría dos campos que se visiten e seguro que ahí estarán sen dúbida as Krusadas ;)

Tema: Entrevista a Julián lópez

Good info

Pharme948 | 30.08.2014

Very nice site! cheap goods

Good info

Pharme752 | 29.08.2014

Very nice site!

Good info

Pharmc119 | 29.08.2014

Very nice site! cheap goods

Good info

Pharmk419 | 26.08.2014

Very nice site! cheap goods

Good info

Pharmc529 | 26.08.2014

Very nice site! cheap goods

Good info

Pharme38 | 25.08.2014

Very nice site! cheap goods

Good info

Pharma579 | 23.08.2014

Very nice site!

Good info

Pharmd870 | 22.08.2014

Very nice site!

Good info

Pharmg528 | 22.08.2014

Very nice site! cheap goods

Good info

Pharmc589 | 22.08.2014

Very nice site! cheap goods

1 | 2 >>