Empate que sabe a pouco en Santa Isabel
Entre o colexiado, o estado do terreo de xogo, a garra do Grixoa e o gran facer do seu cancerbeiro Brais o Boiro non foi capaz de sacar máis ca un empate a un tanto no campo do derradeiro clasificado da terceira división.
As mellores ocasións poñeriaas o equipo de Barraña pero quen se adiantaria no marcador sería o Grixoa, cun tanto mediada a segunda metade tralo saque dunha falta inexistente que tras dous paradóns de Mackay e ante a pasividade defensiva empurraria Dani Moto o fondo da rede. So tardaría o Boiro cinco minutos en acadar a igualada tras un penalti cometido sobre Anxo que o mesmo anotaría.
De aquí o final habería un asedio total pero entre o cancerbeiro e unha xogada no último minuto no que o linier pitaría un fora de xogo dudosisimo anulando o tanto de Marcos fariá que o marcador xa non se movese.