despois de este parón
Dende as Krusadas boirenses o primeiro queremos pedir desculpas polo atraso , na actualizacion da nosa páxina , debido a diversas causas , pero que sepades que voltamos con forzas renovadas , coma non podía ser de outra maneira .
arrancamos esta nova tempada dunha maneira moi irregular pois como ben sabedes , este arranque de liga con un balanc emoi pobre de catro empates .
JORNADA 1 CD BOIRO 1 LARACHA 1 Arbitro : VILLANUEVA CARBALLO , Gonzalo estadio : Barraña
Tal vez o nóso equipo mereceu mais pero a carencia de gol mostrada ,faise cada vez mais palpable , debido en certo modo a numerosa chegada de novos xogadores o equipo , teremos que ter calma e facer que dende as gradas os nosos xogadores sintan como sempre o nóso alento .
JORNADA 2 BERTAMIRÁNS 2 CD BOIRO 2 Arbitro : López vila Alexandre estadio : municipal de bertamiráns
Nesta segunda xornada da terceira división , tocanos visitar o díficil campo do Bertamirans , campo no que se nos fai moi costa arriba desenrolar o noso xogo, en parte polas dimension do mesmo asi como a súa boa laboura defensiva .
O partido escomenzou da peor maneira posible pois no minuto 5 de xogo , nun penalti mais que discutido ,se adianta o bertamirans con gol Jesús , se ben xa o nóso comezo foi titubeante , a cousa empeorou de maneira sustancial cando no minuto 40 Adán facia o segundo tanto para a parroquia local , ata ese instante, as Krusadas alí desprazadas, non empezaramos a darlle o nóso ánimo o equipo.
Cun Gelucho descolocado , sentado na bancada do municipal de Bertamiráns por causas decoñecidas polos siareiros , reanudoúse o partido , o cambio de actitude e os folgos dende a grada , trasladarónse o campo , donde cunha presion do equipo , encerraron totalmente os locales chegando asi nos minutos 54 David Añón e no 74 Kevin a conquerir o empate tan desexado poidendo perfectamente sacar unha victoria mais que merecida .
JORNADA 3 CD BOIRO 0 UD BARBADÁS 0 Arbitro : ALVAREZ CALDERON , Pablo estadio : Barraña
Comézase a ver as carencias do nóso equipo , nulo en ataque , fisicamente baixo , cun Gelucho con escasa reacción o equipo votado atrás , sen saída fluida do balón pero que pouco a pouco se foi desperazando e creando algunha que outra ocasión , con xogadores destacados como: Diego Bendaña , un incombustible David Añón , un entregado Cardeñosa así como Adrián Armental , pouco mais se poderí destacar dun partido insulso , contra un rival moi complicado, empézanse a escoitar os primeiros asubios contra do adestrador , silenciados polos cánticos e gritos de animo ,das Krusadas .
JORNADA 4 AROUSA SC 0 CD BOIRO 0 Arbitro : DEL RIO AMOR , Alejandro estadio: A Lomba
Unha das saídas máis compricadas do ano , ainda así foi un partido insulso e que de haber caido para algún bando, debería ser para o lado boirista , non puido ser tampouco na lomba, onde as KRUSADAS BOIRENSES ,poidesen cantar e difrutar da primeira victoria do curso , o prazo para esta primeira e ansiada victoria, empezaría a facer mella na directiva , a hora de cuestionar o traballo do adestrador e sacando públicamente un comunicado , dando o total apoio o adestrador e o seu grupo de traballo , cando se cuestiona xa se sabe o que termina acontecendo .
JORNADA 5 CD BOIRO 1 CD CHOCO 3 Arbitro : DOMINGUEZ DE BERNARDI Iván estadio : Barraña
Unha moi boa entrada e Barraña para por fín conquistar a primeira victoria do presente campionato , nunca mais lonxe da cruda realidade , un equipo temeroso , sin saida de novo , sen dianteira e cunha carga de responsabilidade que os terminou por superar , ben certo é que no minuto un do encontro , tivemos unha moi clara oportunidade por parte de Mario Tomé , unha cabezada que saiu por riba do traveseiro, cando xa se cantaba o gol nas gradas , de ahí pasouse a un dominio alterno pero sempre cunha carencia de gol ata agora, descoñecida por nós , nas últimas tempadas , sendo ainda mais lamentable o ter sentados no banquillo, os dous únicos dianteiros .
A cousa foi a peor cando comezaron a chegar os goles do CD CHOCO , nunha cadea de erros a saida dun saque de esquina , caeu o primeiro como unha lousa nas bancadas , no minuto 30 Molinos , facía que o equipo de Redondela se fose o vestiario cun gol a favor . As esperanzas de todos nos se viñeron abaixo cando ainda foi a peor o xogo do equipo, deslabazado, sen criterio e temerosop do que o fin chegou no minuto 78 Silva sentenciabanos na nosa casa, despois de casi dous anos sen coñecer a derrota , sabiase que ía chegar pero non de maneira tan vergonzante , xa os gritos contra do adestrador eran xa evidentes no campo de Barraña , que se acrecentaron cando no minuto 85 Gonzalo , anotou o terceiro , empezándose a vaciar as gradas do municipal de Barraña , o gol de Paco foi algo anecdótico , ala polo minuto 89 , as críticas fixerónse evidentes e os gritos de " GELUCHO VAITE XA " por parte de unha numerosa cuantía de siareiros , recordar que nos as KRUSADAS , permanecimos como sempre animando os nosos xogadores ata o final .
JORNADA 6 CLUB RÁPIDO DE BOUZAS 3 CD BOIRO 0 Arbitro : CIVES ENJO , José manuel estadio : Baltasar Pujales
As KRUSADAS BOIRENSES , fixemos un dos mais importantes desprazamentos de esta presente tempada , queríamos conseguir que o equipo, notase a nosa presenza mais que nunca e así foi , o resultado non é para nada acorde, co esforzo feito pola nosa peña , tan so recompensada, polas mostras de tristeza, dos nosos xogadores , totalmente afundidos o final de tan nefasto partido , chegando a rozar o ridículo, ainda así , demos unha lección de saber estar e de apoio incondicional e incansable o CD BOIRO , ata dez minutos mais alo do pitido final .
Tendo o recoñecemento de parte da afeccion do Bouzas , así de notables persoeiros do fubol nacional , o caso de MATÉ ( ex-porteiro do real clube celta de vigo) así como do adestrador do Rápido de Bouzas OTERO (tamén ex - xogador da primeira división ), particularmente e despois de esta debacle , a min fixome especial ilusión . do partido mellor non falar nin comentar absolutamente nada , os goles foron : no 56 de penalti inexistente Gabi Misa , no 62 Miki e totalmente idos xa do partido no minuto 65 Diego Diz . todo esto como ben se sabe, provocou o cese de GELUCHO como adestrador do CD BOIRO .