CERCEDA VS CD BOIRO

07.04.2015 23:24

Partido nefasto de CD BOIRO , a masa de afeccionados que se desplazou o campo do ROXO , veu realmente alporizada, pola actitude de moitos xogadores e os dimes e diretes de xogadores non implicados na causa , eso sumado as posteriores declaracións vertidas por parte da directiva , no nome do presidente DAVID PLACES , desafortunadas ? , tempo habera de seguro a pedir explicacións por ata o de agora tan irregular tempada , de fracaso o tildou o mister do pontevedra  ( LUISITO ) , tamén fora de lugar pero entendible polo próximo enfrentamento no campo de BARRAÑA .

O partido pusoxe de cara , cousa incrible , ademais no minuto 69 , iun gol de AÑÓN , que nos enchía a todos de esperanza en poder sacar algo positivo do dificil campo de o ROXO , un dos aspirantes a promoción , pero todo foi un fugaz resplandor , pois atormenta non fixo mais que comezar pois incomprensiblemente o CERCEDA nos minutos 73,85 e 89 , endosounos unha derrota , mais que humillante , sobre todo polas declaracións de moitos siareiros ata alí desplazados, cerca das 70 persoas , que non tiveron mais remedio que recoller as ilusións e virse de volta . O final 3-1 e para casa de volta, con cero puntos e complicándonos, mais e mais a permanencia , ante a próxima visita do imparable PONTEVEDRA . 


Crea una web gratis Webnode