CD BOIRO VS MARINO DE LUANCO
Hoxe de novo , escríbese unha nova páxina de ouro , na historia do noso clube , o conquerir contra pronóstico a clasificacion para a seguinte ronda do campeonato da copa federación ,levantando un resultado adverso de 4-2 do partido en terras asturianas en contra . Un novo 2 b sucumbe ante o noso clube , posiblemente o mellor partido , de este ano , nunha fecha tráxica , para o noso pobo , vala esta páxina para recordar , os nosos veciños do PAQUITO 2 , cuyo naufraxio , entristece estas fechas de nadal a todo un pobo de corte mariñeiro , dende eiquí quero expresar o noso pésame a todos os familiares de XERMÁN , MANE ( santiago ) E ANTONIO (raulito ), nestas datas tan significativas e sinaladas o mar decidiu, cobrar un alto prezo o noso pobo , arricándonos cruelmente os nosos veciños . DEP.
Pouco direi dun partido marcado polo silencio respetuoso por esta TRAXEDIA o que nos unimos as KRUSADAS BOIRENSES , decidindo como non podía ser de outra maneira ,silenciar os nosos cánticos o longo do partido , expresando así o noso pesar e o noso respecto .
Dende a nosa páxina oficial adicamoslle este triunfo o recordo do PAQUITO 2 e os seus mariñeiros , " ATA SEMPRE ".