CD BOIRO VS BERTAMIRÁNS FC

18.01.2015 20:47

O día de hoxe era dos mais importantes do ano , xa que era fronte dun mais que descendido BERTAMIRANS, que esta a contar os días para o seu retorno a preferente norte , aínda así , en BARRAÑA , non nos libramos dos malos arbitraxes que estamos a sufrir o longo da tempada sen habelos posto en ningún momento como excusa a mala marcha do noso equipo pero que empeza a ser algo mais que penoso ver pasar por eiquí colexiados que veñen a piutar o que lles ven en gaña sen ser en ningún caso vilipendiados pola grada , comezou o partido co ánimo incondicional da grada , algunha xogada que outra interesante e un CD BOIRO votado o ataque en busca dunha victoria mais que necesitada , nun erro clamoroso do linea e mais o señor colexiado chegou o primeiro gol do BERTAMIRANS , inxusto e xa precedido de outro fora de xogo clamoroso tampouco pitado polo trencilla o señor DANIEL GARCÍA LESTA , que terminou por alporizar os siareiros locales ante os continuos erros por parte do mesmo , chegándose a escoitar unánimamente berros de : FORA FORA FORA ...., ante do descanso , o temor na grada era grande ante un máis que posible empate ou incluso derrota , ata aquel momento totalmente inxusto e mais despois de haber desaproveitado RÚBEN , unha grandisima ocasión despois dunha das mellores xogadas no que vai de ano do CD BOIRO . A volta do descanso , as cousas puxeronse mellor despois de que o colexiado eso si con outro grave erro pitase un penalti que xa había rematado en gol , non aplicando a coñecida ley da ventaxa que se comeu inexplicablemente , tirou RÚBEM MARQUEZ conquerindo o empate tan esparado nas grada , o CD boiro enton mais con gañas que con bo xogo votouse enriba dun BERTAMIRÁNS encerrado na sua area chegando un segundo penalti , agora tranformado por un DAVID AÑÓN moi motivado, despois dun erro no mesmo lanzamento, cuio rexeito, lle veu o pé, para materializar así a remontada , provocando na mesma xogada a expulsion dun xogador do BERTAMIRANS , de eiqui o final o CD BOIRO fixo un futbol control , chegando o segundo gol  de AÑÓN nunha contra era o 3-1  xa  o final do encontro,  un dos nosos canteiráns , con mais proxección KEVIN LOJO , conquería o definitivo 4-1 co que remataba o encontro, abrindo de novo as esperanzas, a unha mais que desexada recuperación do noso equipo .