CD BOIRO vs BERGANTIÑOS

01.11.2014 22:19

De novo e con moito sufrimento, volta o CD BOIRO  a senda das victorias , contra un rival moi incómodo , moi ben plantado no terreo de xogo , pero totalmente esteril ,a hora de sair en busca de un triunfo , dende o comezo do choque , o equipo local tentou de sair rápidamente as contras e tocando o balon , sempre sen ningún tipo de  perigo e sen chegadas claras, as inmediacións do area bergantiñana ,cunha arbitraxe lamentable, como as ultimas sufridas , polo CD BOIRO , incluidas as de partido, da copa federación . Da que fomos flamantes campións .

O primeiro tempo , esgotabáse así entre o desánimo dos siareiros que por momentos recordamos o fútbol , insulso, da ultima fecha con GELUCHO , o segundo tempo, comezou cun CD BOIRO  , necesitado pola victoria e unha grada animosa como sempre por parte das KRUSADAS BOIRENSES , sempre incombustibles ata o final , asi nunha xogada aislada nunha contra , un centro o medio  da area  rival , era cazado como non, polo increible e incombustible ADRIAN ARMENTAL , o número 10 ,estaba ahí, como sempre para levar en certo modo o alivio as gradas de BARRAÑA , cando xa se estaba a pensar nun resultado adverso , e como e a fortuna , foi sacar do centro do campo e un minuto despois, nunha contra moi ben levada dende o segundo pau , entraba como un meteoro , RUBEN MARQUEZ , que se reencontraba así de novo co gol , traendo xa de maneira definitiva o alivio os siareiros locais , entre fallos do trencilla , calamitoso e fora de lugar , perdoando algunha que outra tarxeta por ambas las duas partes , chegouse o remate do partido , destacando , a un gran PADÍN , PACO , e ADRIAN ARMENTAL .