O Boiro logra un traballado triunfo ante o Laracha

26.10.2013 00:14

 

 

    Imaxe de Ruben Marquez nun partido desta tempada

 

Partido moi disputado o xogado onte en Barraña ante un rival que non se dou por vencido ata o pitido final. O Boiro levou o peso do xogo durante toda a primeira metade pero non consiguiria movelo marcador ata o minuto 43 despois dunha gran xogada colectiva na que o centro por banda dereita de Julian foi remachado no segundo pau por Ruben Marquez. A volta dos vestiarios o panorama variaria xa que o Laracha fixose co dominio do esferico debido a que o conxunto de Barraña buscou esperar atras para conseguir matalo partido nunha contra, cousa que non pasaria pese as boas ocasions dos locais. O Laracha so se acercaria nunha ocasion con perigo a meta de Ian Mackay, xogada que desbaratou o gran capitan Carde na liña de gol.

 

Campo de Barraña en bo estado, cuns 500 siareiros nas bancadas.

 

CD Boiro: Ian Mackay, Marcos, Paco, Carde, Rendo, Pedro (Bendaña, min 52), Rubén Márquez (Anxo, min 62), Jacinto, Iván (Hugo Soto, min 79), Adrián Armental y Julián.

 

Laracha: Damián, Raúl (Iván, min 77), Jorge, Fandiño, Javi Villar, Beto, Santi Bouza, Brais,Yun (Martín, min 54), Rebolo y Denis (Andrés, min 58).