BARBADAS VS CD BOIRO

27.01.2015 18:15

De novo e por desgraza ,xá ven sendo unha tónica habitual, unha de cal e outra de area , posiblemente no desprazamento mais importante ata o de agora ,que tiñamos que realizar , saldouse cunha nova derrota , ainda mais lástimosa se cabe , polas consecuencias cara o futuro , debido as expulsións, que aconteceron e que sen dúbida nos deixan en cuadro, ante a dificilísima e vital visita, do noso  próximo rival en BARRAÑA , que non e outro que o AROUSA .

En terras ourensás , no campo dos CARRÍS , comezouse de maneira emperanzadora, cando mediada a primeira parte e tras unha falta votada por PILLADO , rematouna a rede , de novo o gran capitán CARDEÑOSA , adiantándonos no marcador e facéndonos albergar esperanzas ,cara o resultado final , de novo e xa parece o guión dunha mala película , a mala sorte se aliou contra de nós e por unha man dentro da area , de CARDEÑOSA  , o colexiado ESPASANDÍN , pitou a pena máxima , a piques de chegar o descanso e cando o CD BOIRO estaba a sacudirse os nervos e comezaba a xogar e combinar chegando con peligro, ás inmediacións da area rival pero tampouco de esta sería o noso momento , nin o día , rematou co empate o primeiro tempo , xa no segundo periodo e tan pronto saimos o terreo de xogo , a falta de concentración a mala sorte , non sei o que provocou o comezo do fin do partido , RAFA , nunha xogada un tanto rara , foi quen de adiantar o BARBADÁS , despois de novo os nervos , as accións individualistas e as expulsións un tanto rigurosa a de RUBÉN e a posterior de PACO , acompañadas do terceiro mazazo , fixeron que o equipo se afundira , unha nova derrota , unha nova oportunidade perdida , despois de comezar gañando un partido e xa van uns cantos .

A desgraza do resultado , temos que sumarlle as expulsións de RUBEN , PACO , e a quinta amarilla do capitan CARDEÑOSA , co cal estas baixas aseguradas , se presumen lousas moi dificis de superar ante o nóso proximo rival , ainda que esto sexa así , nos seguiremos alentando mais e mais o CD BOIRO , sexa cal sexa o resultado , so exiximos entrega e impricación por parte de todos , o voso ánimo e o noso alento , habendo iso , o resultado e importante pero queda un tanto de lado . O fin:  BARBADÁS 3 CD BOIRO 1 .